A Deputación vai premiar ás empresas que contraten aos bolseiros que realicen as prácticas nelas
Por Redacción
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asistiu este luns, no salón de actos do Museo de Pontevedra, ao acto de benvida dos preto de 300 bolseiros do Plan de Práctica Laboral (que comezarán as súas prácticas este martes) en empresas da provincia.
Durante o acto, os mozos puideron ademais escoitar a experiencia dunha das bolseiras que participou na edición de 2014, Alba González (e que foi contratada pola empresa ao seu remate), así como unha sesión da coach Nelly Rey.
Carmela Silva salientou que nesta provincia hai moitísimo talento, coñecemento e xente con ilusión.
Carmela Silva, anunciou que "por primeira vez este ano imos premiar máis ás empresas que contraten aos bolseiros e bolseiras dese plan. Queremos que aumente o 15% de empresas que asinan un contrato laboral" coas empresas onde realizaron estas prácticas.
A este dato do 15% habería que engadirlle a porcentaxe de inserción laboral do 40% de bolseiros que atoparon traballo noutras empresas do sector pero non participantes nas convocatorias.