Interceptan a un conductor en Campañó que quintuplicaba a taxa de alcol
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Pontevedra imputaron dun delito contra a seguridade viaria a un home de 48 anos de idade por conducir un vehículo a motor cunha taxa de 1.17 mlg/l
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado sábado 12 de novembro. Sobre as 18:20 horas un particular chamou á Policía alertando que pola estrada de Vilagarcía, dirección Pontevedra, á altura de Alba, circulaba un Hyundai de cor branca invadindo de xeito continuado o carril contrario.
Ao chegar, unha patrulla observou ao vehículo que ía facendo zig zags, invadindo o carril contrario e obrigando aos vehículos que circulaban en dirección contraria a esquivalo.
Á altura da rotonda da estrada de Vilagarcía no cruzamento coa variante de Campaño, este vehículo se detén no medio da rotonda creando unha situación de perigo para os demais condutores.
Os axentes logran deter o vehículo á altura do Freixo (Campaño).
Cando os axentes procedían a identificar ao condutor, observaron que esta persoa atopábase baixo a influencia de bebidas alcohólicas xa que non era capaz de manter a verticalidade e se tambaleaba.
Sometido a proba de test de alcoholemia, este deu un resultado de 1.17 mlg/l, o que multiplica case por cinco a taxa máxima permitida.
Ante estes feitos os axentes inmobilizaron o vehículo e procederon á instrución dun atestado por un presunto delito contra a seguridade viaria por condución dun vehículo a motor cunha taxa superior a 0.60 mlg/l