Os representantes veciñais de Samieira e Raxó ven con bos ollos a senda peonil da PO-308
Por Redacción
O xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez, analizou este xoves con representantes veciñais de Samieira e Raxó o proxecto da senda peonil da PO-308 en Poio.
Durante a reunión, celebrada na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, os veciños e o xefe territorial estudaron o proxecto da senda, trasladándolles José Luis Díez, que "o proxecto está practicamente rematado para o seu envío á Consellería, de cara a que, en canto se rematen todos os prazos, poida ser licitado", explicou.
Os representantes veciñais, pola súa banda, trasladaron o seu interese por coñecer a situación dos pasos de peóns ao longo desta nova senda de 3,5 quilómetros de lonxitude entre Covelo e o límite co concello de Sanxenxo, e tamén as afeccións que vai ter sobre os terreos onde se desenvolva a obra.
Neste senso, José Luís Díez trasladoulles que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda manterá una próxima reunión co concello de Poio de cara a coñecer a disponibilidade dos terreos para executar a obra. "A expensas do que se lle traslade dende o concello nesta reunión, a Consellería valorará as posibilidades que existan para poder continuar coa tramitación da obra", engadiu o xefe territorial.
O encontro rematou con satisfacción para os representantes veciñais de Raxó e Samieira, que mostraron su total acordo co proxecto, tal e como tamén ocorreu recentemente co Concello de Poio.
Relacionadas:
-
Poio cre que a Xunta atopou a "escusa perfecta" para non facer a senda da PO-308 en Covelo
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta investirá tres millóns de euros en 16 novas sendas na comarca de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP de Poio solicita a Costas un paseo desde Combarro ata A Seca
Por Redacción |