Ciudadanos pide ao Concello que instale cambiadores de cueiros nos aseos masculinos e femininos
Por Redacción
O grupo municipal de Cidadáns en Pontevedra presentou unha moción na que se insta ao Concello de Pontevedra a promover a instalación en todos os edificios públicos de cambiadores de cueiros para bebés en aseos masculinos e femininos, de maneira indistinta e sen discriminación.
A concelleira de Cidadáns, María Rey, afirma que "a realidade coa que nos atopamos de maneira habitual é que os cambiadores de bebés se atopen sempre nos aseos femininos, coma se a crianza dos máis pequenos e as máis pequenas correspondese unicamente á nai. Se non logramos adaptarnos á igualdade en tarefas cotiás, dificilmente lograremos unha sociedade moderna e inclusiva".
Rey sinala que estas medidas axudan a eliminar desigualdades de xénero, ao entender que os pequenos detalles lévannos a seguir diferenciando roles en función do sexo.
A instalación dos cambiadores de bebés, segundo afirma, son unha ferramenta sinxela, fácil de aplicar, de moi baixo orzamento, e para a que non é necesario facer obras nos edificios. Ademais tamén insta o Concello de Pontevedra a que realice unha campaña de concienciación no sector privado para que se somen á instalación dos cambiadores sen discriminación algunha e solicitar á administración provincial e autonómica que realice os cambios oportunos nos edificios oficiais.
Cidadáns quere con estas medidas promover a transversalidade do principio de igual entre mulleres e homes.