O Concello organiza un curso oficial de piloto avanzado de drones
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade está a traballar na organización dun curso oficial de piloto avanzado de drones orientado a persoas que carezan de experiencia de voo con estos aparatos e que desexen obter licenza para actuar como operadores remotos ao mando destas naves non tripuladas de ata 25 quilogramos e que teñan fins comerciais, profesionais, de lecer ou deportivos.
O curso, que se estende ao longo de catro semanas cunha carga lectiva total de 78 horas, ofrecerá as súas clases no formato on line a través dunha plataforma que monitoriza o cumprimento por parte do alumno. A actividade concluirá con cinco horas de prácticas presenciais e os exames de validación, que se poden realizar en sete cidades españolas, entre as que se atopan Pontevedra e Ourense.
Os interesados terán, tras rematar o curso, que elexir o modelo de dron para o que sacarán a licenza e obterán a autorización de operador remoto e disporán de oito opcións. O curso é bastante esixente e precísase completalo e posteriormente superar o exame para poder voar con estas naves.
As persoas que desexen matricularse ou recabar información poden poñerse en contacto coa empresa autorizada Dreams Factory Aerocámaras, que será a encargada de impartir a actividade, a través do teléfono 986 7871517 ou do mail info@cursodedrones.es
O goberno local decidíu sumarse a esta actividade para tratar de ofertar unha nova posibilidade económica-comercial ou de inserción no mercado laboral aos veciños, xa que o sector da navegación non tripulada está en claro crecemento e ademais a comunidade galega é punteira no ramo. En calquera caso, tamén se pode obter o título para outras actividades máis lúdicas ou de lecer.