Dous feridos nunha colisión entre dous vehículos en Marín
Por Redacción
Un choque frontal entre dous vehículos rexistrado este venres en Marín saldouse con dúas persoas feridas.
Unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros tras quedar atrapada no interior do seu coche.
O accidente produciuse no quilómetro 7 da Variante de Marín, a VG-4.4, en sentido a Pontevedra, e un particular avisou ao 112 sobre as 15,30 horas, segundo apunta o servizo de emerxencias.
Este centro informou a Urxencias Médicas e aos bombeiros de Pontevedra, e tamén alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.