Cambios de tráfico este sábado en Eduardo Pondal, Avenida de Vigo e Alcalde Hevia pola instalación de lombos
Por Redacción
A rúa Eduardo Pondal contará con novos pasos de peóns elevados a partir deste sábado coa instalación de lombos entre as 08.00 ata as 11.00 horas no tramo entre Alcalde Hevia e Uxío Novoneira. Por este motivo realizarase o desvío dun sentido de circulación.
Tamén se acometerán obras na Avenida de Vigo, entre as 11.00 e as 14.00 horas coa instalación de redutores de velocidade no tramo no que comeza a Avenida de Vigo ata a intersección Ponte Boleira. Estes traballos realízanse en tres fases.
As obras continuarán a partir das 15.00 horas ata que finalicen en la calle Alcalde Hevia, no tramo entre Fernández Ladreda e Iglesias Vilarelle. Pecharase o sentido circulatorio Fernández Ladreda e Praza de Galicia ata que terminen os traballos.