A información que vai almacenando o noso cerebro vai a acompañada de sentimentos de benestar ou de malestar. Esa "educación" pode chegar desde o medo, ou a férrea disciplina, ou pola contra desde a curiosidade, o respecto, o benestar. Dependendo de como se produza, desenvolvemos unhas filias ou unhas fobias. Quen non dixo ou escoitou: "eu son persoa de letras", "non podo coas matemáticas"...son frases resultado desas "aprendizaxes" que habemos interiorizado.
Que é e que supón un fracaso escolar ou a frustración?, educamos na competición en lugar da colaboración?. Se asumimos esas pautas erróneas, María González, achéganos tamén ferramentas para corrixilas.
Desde a pespectiva persoal, paterna, educativa, social. Por exemplo, desde a "gamificación" ou con métodos como o que propón o profesor César Bona no seu libro "La nueva educación".