13 sacos de tapóns para Nahir
Por Redacción
A campaña de recollida de tapóns para o tratamento da pequena Nahir recibiu este venres un empuxón desde Sanxenxo. A concelleira de Medio Ambiente, Coral González-Haba, entregou 13 sacos destas pezas de plástico á Fundación Amigos de Galicia de Pontevedra para colaborar na iniciativa.
Os tapóns recolléronse nos últimos meses nas dependencias de Medio Ambiente en Vilalonga, ou depositándoos nos recipientes habilitados para iso nas diferentes oficinas municipais.
Os 15 sacos supoñen ao redor de 150 quilos de tapóns dos máis de 17 millóns que se necesitan para axudar a estas nena con tetraparesia discinética, unha enfermidade que se traduce en dificultades de mobilidade e linguaxe e que a obriga a moverse cun andador.
A súa calidade de vida depende en gran medida das sesións de fisioterapia que necesita, un tratamento que ten un custo de preto de 900 euros ao mes, unha cantidade imposible para unha familia media, situación que lles levou a participar na campaña de recollida de tapóns solidarios posta en marcha pola Fundación Amigos de Galicia.
Relacionadas:
-
A recollida de tapóns permite que Nahir conte con seis meses de terapia para a súa parálise cerebral
Por Anxo Lourido |
-
Este Nadal nin un neno sen chuches
Por Oskar Viéitez |
-
Á procura de tapóns para axudar a que Nahir, unha nena pontevedresa de 5 anos, poida moverse
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |