Unha persoa ferida ao caer co seu coche por un terraplén en Beluso
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida na tarde deste sábado nun accidente de circulación no termo municipal de Bueu. Por motivos que se descoñecen, o vehículo no que circulaba precipitouse por un desnivel.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, tras a saída de vía, a vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario.
Os feitos tiveron lugar minutos despois das 17.00 horas na estrada que une Beluso con Bueu. A propia persoa ferida contactou co 112 Galicia para explicar o que lle ocorría.
O persoal do 112 alertou enseguida aos Bombeiros do Morrazo e a Urxencias Médicas. No operativo tamén participaron efectivos de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.