Un ferido nunha colisión entre dous camións na AP-9 ao seu paso por Caldas
Por Redacción
Dous camións chocaron durante a tarde deste luns na autoestrada AP-9, ao paso polo municipio de Caldas de Reis. Como consecuencia do golpe, un dos camioneiros requiriu de asistencia médica.
O accidente producíase ás 14.00 horas, segundo informaba o Servizo de Emerxencias do 112 Galicia. Sucedía á altura do quilómetro 110, en sentido Santiago de Compostela.
Neste sinistro víronse implicados un camión frigorífico e un portacoches que chocaban por alcance e quedaban parados no medio do carril. Ante esta situación, a circulación se interrompeu e mesmo un dos vehículos implicados perdeu un dos coches que transportaba.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisaba a Urxencias Médicas, GES de Valga, Bombeiros do Salnés e axentes da Garda Civil de Tráfico.