Atopan outros seis tenreiros mortos en montes da parroquia de Cequeril
Por Redacción
Seis novos tenreiros mortos foron atopados este venres na parroquia de Cequeril, na estrada PO-220.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay, pediu celeridade na investigación ante a crecente alarma existente entre os veciños da zona.
O Concello de Cuntis está a facer fronte aos gastos de recollida e tratamento dos máis de vinte cadáveres de animais que apareceron nos montes estes días.
As autoridades están a examinar os corpos para esclarecer o motivo da morte destes tenreiros.
Paralelamente hai unha investigación aberta polo Seprona da Garda Civil na que colaboran a Policía Local e Protección Civil.