Os Reis Magos de Oriente teñen unha carta para os nenos de Pontevedra
Por Redacción
As súas maxestades os Reis Magos de Oriente teñen unha carta para os nenos de Pontevedra que será entregada en todos os colexios o vindeiro venres. Esta é...
Queridas nenas e nenos:
Estamos moi ilusionados porque pronto nos volveremos ver.
Este ano estamos un pouco sorprendidos. Hoxe pasamos polo almacén de agasallos e vimos que había un pequeno problema. Na parte dos instrumentos musicais, xogos de construción, plastilinas, pinturas e cousas polo estilo, todo estaba perfecto. Pero noutras seccións os xoguetes estaban separados por cores. Rosa para as nenas e azul para os nenos. Que estraño!
Os camelos levaron un susto grandísimo e andan algo mareados. Pero non vos preocupedes seguro que se lles pasa antes do Nadal.
Queremos amañar este desaguisado, axúdasnos?
Propoñémoste que olvidemos iso de que hai uns xoguetes para nenas e outros para nenos. Que tontería! Se as nenas e os nenos sodes iguais!
Para ordenar o almacén de agasallos tes que facer estas tres cousas:
- Séntate nunha mesa con mamá, papá ou a persoa maior que te coide.
- Apaga a tele e pecha os ollos. Pensa no que che fai máis feliz. Xa o tes?
- Pide o xoguete que queiras, da igual se alguén di que é de nenos ou de nenas. Todos os xoguetes do mundo son para nenos e nenas por igual!
E xa está! Seguro que así o almacén volve estar ordenado como ten que ser.
Esperamos que pases unhas festas marabillosas. E lembra pórtate ben, coma sempre.
Con amor,
Melchor, Gaspar e Baltasar.
P.D. O día 5 pola noite deixa ben recollidas as túas cousas, que o ano pasado tropezamos moitas veces cos xoguetes que andaban polo chan nalgunhas casas. Querémosvos.