Rescatan un condutor que caeu por un terraplén de dez metros en Tourón
Por Redacción
Un home tivo que ser rescatado polos Bombeiros de Pontevedra e posteriormente necesitou asistencia médica tras sufrir un accidente na tarde deste sábado en Ponte Caldelas. Por motivos que aínda se descoñecen, caeu co seu coche por un desnivel duns dez metros de altura na estrada PO-532 que comunica Ponte Caldelas con Pontevedra, á altura da parroquia de Tourón.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, nun primeiro momento, a posición na que quedou o vehículo, boca abaixo e nun terreo empinado, impedía ao condutor saír, así que se solicitou a intervención dos Bombeiros de Pontevedra. Finalmente, o home logrou saír en por si do coche, pero necesitou axuda para subir á estrada.
Cando chegaron os bombeiros ao lugar do accidente, atoparon ao condutor no fondo dun terraplén profundo e difícil de transitar, de modo que lle axudaron e acompañárono ata a ambulancia na que recibiu a primeira asistencia. Posteriormente, foi trasladada a un centro sanitario.
Un veciño alertou ao 112 sobre as 17.00 horas e desde a central de emerxencias mobilizouse aos Bombeiros, Urxencias Médicas de Galicia e a Garda Civil de Tráfico. Os efectivos do subsector de Pontevedra, co apoio de máis patrullas do posto de Ponte Caldelas, tiveron que realizar un corte temporal da estrada para facilitar o rescate.