Un condutor "novato" envorca o vehículo na rotonda de San Roque e dá positivo no control de alcoholemia
Por Redacción
Un condutor que aínda levaba a 'L' por sacar recentemente o permiso de conducir resultaba ferido leve tras protagonizar un espectacular accidente durante a noite do venres na rotonda de San Roque.
O home envorcaba o vehículo ao perder o control cando viraba nesa contorna. Segundo os datos da Policía Local, o condutor quintuplicaba a taxa de alcoholemia ao realizar a proba os axentes que acudiron ata o lugar do accidente.
O home ofreceu un resultado de 0,83 mg/l na proba mentres que o límite para os condutores noveis é de 0,15 miligramos por litro.