Convocan a unha concentración de repulsa ante o Teatro Principal polo crime da moza de Vigo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O asasinato este sábado da moza de 25 anos, Ana María Enjamio, veciña de Vigo, que foi apuñalada durante a madrugada no portal da súa casa cando ela regresaba da cea de empresa levou aos políticos de Pontevedra a unirse para concentrarse ante as portas do Teatro Principal ás 10.55 horas deste luns 19 de decembro.
Trátase dunha concentración de repulsa contra a violencia machista e faise un chamamento á cidadanía para que participe. Ao acto está previsto que acuda a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva e os integrantes do goberno provincial, ademais dos membros da corporación municipal de Pontevedra.
Neste acto tamén se condenará a brutal agresión que sufriu unha muller de nacionalidade romanesa en Santiago durante o sábado a mans da súa ex parella e que, finalmente, provocou a súa morte nas últimas horas.
A concentración realizarase previamente ao pleno dos orzamentos que está previsto que se inicie ás 11.00 horas no Teatro Principal.
COLECTIVO FEMINISTA
O Colectivo Feminista Pontevedra tamén convocu unha concentración para rexitar a violencia contra as mulleres. Está prevista para o martes 20, ás 19.30 horas na praza da Peregrina.