Detido un mozo con numerosos antecedentes polo roubo nunha lavandería
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron un mozo de 25 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dun roubo con forza nunha lavandería desta cidade, situada na rúa Camposanto.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos sucederon na noite do día 5 de decembro.
O propietario observou como o interior da oficina estaba totalmente revolto e subtraeran as chaves das caixas de todas as máquinas ademais da máquina de cambio, en principio ao redor de 500 euros, ademais dos danos inflixidos ás máquinas.
O pasado 16 de decembro foi detido o presunto autor do roubo no local, un mozo ao que lle constan varios antecedentes policiais por feitos de similares características.