Educación e a Fanpa colaboran nunha ampla oferta de actividades extraescolares para os vindeiros días
Por Redacción
A Concellaría de Educación e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Pontevedra volven a ofrecer unha ampla programación de actividades extraescolares para o presente curso escolar. Comezan co Ludonadal 2016 que se pon en marcha este xoves, 22 de decembro, e continuará con outras propostas para escolares de Secundaria e Bacharelato e o programa Conta Comigo 2017.
Para Secundaria e Bacharelato, a Fanpa organizou dous cursos cuxa inscrición remata este martes 20 de decembro: Crea a túa propia curtametraxe e Crea APPs para móbiles e tabletas. Pero tamén ofrece os cursos Microesquemas, planificación e oratoria cuxa inscrición remata o 4 de xaneiro, e Crea o teu robot que remata o prazo de inscrición o 31 de marzo.
Na programación de Conta Comigo 2017, cuxa inscrición comeza o 9 de xaneiro, a Fanpa ofrece actividades en familia como Ioga en familia ou construcasa, e otros individuais como Interpretando, coiro, camisetas creativas, patinaxe, horta ecolóxica, atina co xogo, plakastil, tarefas do fogar, barro, golf e seis rutas de sendeirismo.
Ademais, a esta programación súmase o Ludonadal 2016, que organiza dende o xoves até o 5 de xaneiro nos colexios de Campolongo, Barcelos, Vilaverde, Cabanas e Marcos da Portela.