Fomento pagará directamente ás subcontratas na fase final do Nó do Pino
Por Redacción
As obras do Nó do Pino levarían rematadas 6 meses se en outubro a construtora OCA tivese cumprido coas previsións. Pero a empresa adxudicataria debía 1,8 millóns de euros a case unha vintena de subcontratas e a obra quedou paralizada.
Agora, a ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou en Pontevedra que para executar os últimos tramos da obra establecerá unha nova fórmula de pagamento para que sexan as subcontratas as que reciban directamente o diñeiro do Ministerio.
A ministra volveu insistir en que se pagaron todas as certificacións de obra á construtora OCA pero, non obstante, ese diñeiro nunca chegou ás empresas subcontratar. Neste sentido, apuntouse que non se pode garantir que a nova adxudicataria vaia contratar estas mesmas empresas para finalizar os traballos. Os empresarios aos que se lle deben estes traballos desconvocaron o venres unha manifestación de protesta no Nó do Pino á espera de que esta semana manteñan unha reunión con responsables de OCA.