Últimos días para poder visitar PonteNadal na praza do Teucro
Por Redacción
Últimos días para poder visitar na Praza do Teucro PonteNadal, a feira de artesanía e agasallo, coa fin de achegar os pontevedreses os agasallos máis orixinais. A carpa permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro todos os días de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas.
Este luns desenvolveuse un obradoiro de artes plásticas e para o martes está previsto outro de madeira. Será de 12 a 14 horas, e pola tarde haberá contacontos e debuxos de Nadal. De 18 a 20 horas.
Para o mércores día 4 está programado un obradoiro de pintura e envellecido, de 17 a 19 horas, e unha cata e degustación de Cervexa Meiga de 20 a 21 horas.
Estas actividades levaranse a cabo na feira, na Praza do Teucro, coa colaboración de Cervezas Meiga, Api Pili mel e cosmética, Os Alegres, Asociación de discapacitados intelectuais Virgen de la O e Isa Naveiro, empresa de ocio e tempo libre.
Ademáis de PonteNadal, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental colabora co Concello na recepción que se lles brindará o 5 de xaneiro aos Reis Magos. Será ás 11 horas no Pazo de Mugartegui.