Restrinxido o paso de peóns pola ponte da Barca polos danos do temporal
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Co paso das horas o temporal que azoutou toda Galicia empeza a perder intensidade, reducíndose as chamadas de alerta e as incidencias. Con todo as consecuencias do mal tempo seguen a notarse e seguiron provocando ao longo da xornada diversas intervencións dos servizos de emerxencia na cidade.
A máis importante na cidade de Pontevedra é a decisión de cortar o acceso peonil á ponte da Barca debido ao "gran risco" de que se produzan novos desprendementos na cuberta, sobre ambas as beirarrúas.
Os bombeiros tiveron que acudir en varias ocasións ao lugar para asegurar a infraestrutura, que quedou danada de maneira importante. Por ese motivo prohibiuse o paso de persoas.
As outras rúas que á primeira hora da tarde deste sábado aínda permanecen cortadas son Osorio Tafall e de Benito Corbal, desde Lepanto ata Sagasta, pola caída de anacos de Uralita de dous edificios. Ademais acordoáronse as inmediacións da tenda H&M, onde está colocada unha estada de obra.
Os bombeiros foron asegurando as zonas nas que se produciron desprendementos ou caida de cascallos ás que acudiran durante a noite, e atendendo novas chamadas.
Tamén se viu afectado o campo de herba sintética da Xunqueira, asolagado e con danos nos bancos que obrigaron a suspender varios partidos programados para este sábado. Despois deste suceso decretouse a suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre no municipio.
Entre as incidencias ocorridas durante a xornada de sábado atópase ademais a caída dunha árbore na entrada do IES Xunqueira I, o desprendemento dun portalón na delegación de Facenda, a caída de chapa desde o tellado da residencia da terceira idade en Campolongo ou da uralita dun taller, na rúa Martín Códax, que danou varios vehículos.
Relacionadas:
-
Un dron revisa a estrutura de madeira da Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez |
-
A ponte da Barca é "segura", segundo a Xunta, que ultima un proxecto de rehabilitación
Por Redacción |
-
Un informe de Bombeiros alerta do "desastroso" estado da ponte da Barca
Por Alejandro Espiño |
-
Reaberto o acceso á praia de Paxariñas tras o seu peche polo temporal
Por Antía Fernández Buján |
-
Pontevedra cifra en 2,2 millóns de euros os danos provocados polo temporal
Por Alejandro Espiño |
-
Ponte Caldelas rexistrou máis de 50 incidencias durante os temporais de vento e choiva
Por Redacción |
-
O temporal amaina dando paso a unha semana de nubes e claros con posibilidade de choivas débiles
Por Redacción |
-
O PSOE provincial esixe á Xunta "medidas e axudas" para paliar os danos do temporal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O río Gallo desborda en Cuntis e o asfalto abre en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Preto de 23.000 persoas na provincia seguen sufrindo cortes de luz polo temporal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A segunda noite de temporal deixa multitude de pequenas incidencias na comarca
Por Diego Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Os danos do temporal chegan aos servizos públicos: xulgados, colexios, hospitais
Por Redacción |
-
Así foi o paso do Kurt polas nosas comarcas
Por Oskar Viéitez |
-
Suspenden ata o martes as clases o IES Chan do Monte tras desprenderse a cuberta
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, segunda cidade galega máis afectada polo temporal
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Cortan o tráfico na AP-9 tras desprenderse a cuberta da ponte da Barca
Por Alejandro Espiño |