O centro da cidade, escenario dunha manifestación contra a caza
Por Redacción
A Praza de España foi o punto de partida este domingo dunha manifestación que esixía a prohibición da caza con galgos e outros cans.
A Plataforma Non á Caza (NAC) convocou protestas simultáneas en 25 cidades españolas, entre elas Pontevedra, á que se uniron na cidade do Lérez diversos colectivos ecoloxistas e veciños, que acudiron á manifestación acompañados das súas mascotas.
Tamén a protectora de animais Os Palleiros quixo sumarse á xornada achegando ata o centro aos animais que tutela.
Mentres non exista unha lexislación que prohiba expresamente a caza, algo que demandan, NAC solicita que se intensifiquen os controis sobre os animais dos cazadores, coa intención de evitar abandonos de cans.
Pontevedra foi a única cidade galega que se sumou a estas manifestacións.