Bará sobre o anuncio de Lores de presentarse ás eleccións: "A mellor noticia para Pontevedra é que siga"
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O concelleiro e deputado do Parlamento Galego, Luis Bará, cre que Miguel Anxo Fernández Lores atópase nunha etapa na que está a gozar do seu mandato na alcaldía de Pontevedra.
"Nunca vin a Lores tan pletórico e tan animado, con tanta vocación e tanta animación", indicou Bará ao referirse ao anuncio realizado polo actual rexedor de presentarse "probablemente", de novo, como candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra nunha entrevista emitida este domingo na Cadena SER Galicia.
Para Luis Bará non resulta unha sorpresa a decisión malia si a forma de anuncialo e o xustifica indicando que unha das características de Fernández Lores é a naturalidade e a espontaneidade. O concelleiro entende que o anuncio non foi planificado e que responde á "franqueza directa" que o alcalde ten para dicir "estas cousas".
Bará indicaba, por outra parte, que ámbolos tiñan vivido momentos difíciles e duros en anteriores mandatos e que agora o alcalde está a recibir a recompensa de todo o traballo e recollendo a simpatía da xente. É xusto que reciba este recoñecemento, engadiu o integrante do equipo de goberno de Pontevedra, que considera a Lores un valor insustituible no BNG. Bará concluiu que a súa continuidade é a mellor noticia para Pontevedra.
ANA PONTÓN APOIA A LORES
A este respecto tamén se pronunciou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Para a líder nacionalista é "lóxica" a posibilidade de que Fernández Lores opte a un novo mandato e que este vaia a ser o último.
O traballo do BNG en Pontevedra, encabezado polo alcalde, é un "exemplo" de que "confiando nas posibilidades do país" pódese avanzar.
Tanto a cidade como o propio Lores, dixo, é un "referente importante" para o nacionalismo galego