A Festa da Orella serve preto dun milleiro de racións
Por Diego Torrado
As preto de mil racións despachadas este domingo sitúan á undécima edicion da Festa da Orella en cifras de récord e iso que o tempo non acompañou.
Unha carpa instalada no adro do mosteiro de San Benito acolleu aos numerosos visitantes que ao mediodía se achegaron para degustar, por 5 euros, unha cazola de orella, acompañada de patacas, veu e pan. Tamén había churrasco, polbo e empanada.
De sobremesa houbo orellas doces e pasteis caseiros que vendían os alumnos do colexio de Monte Porreiro para recadar fondos para a excursión de fin de curso.
A xornada estivo amenizada pola música dos alumnos da Escola de Gaiteiros Rías Baixas.