Labores de mantemento para o céspede artificial do estadio de San Pedro
Por Redacción
Aproveitando o bo tempo, o Concello de Marín puxo en marcha unha serie de traballos para mellorar o estado do campo de fútbol do Estadio Municipal de San Pedro.
Os labores teñen como obxectivo minimizar a acción que ten sobre a herba artificial o uso intensivo durante todo o ano e o paso do tempo.
Con maquinaria específica, os operarios traballan en encher de caucho e area a superficie para despois proceder o seu cepillado compensando os recheos en todo o campo.
Ademais está prevista unha revisión completa en redes, porterías, bancos, reixas ou canaletas e tamén no material deportivo.
Os traballos no Estadio Municipal de San Pedro contan cun orzamento de 8.675,70 euros.