Unha muller ferida ao pasarlle por encima un tractor en Noalla
Por Redacción
Unha muller resultou ferida na mañá deste mércores ao ser alcanzada por un tractor nun accidente en Sanxenxo. Un familiar explicou ao 112 que a máquina lle pasou por encima e provocoulle feridas de distinta consideración.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, os feitos tiveron lugar no lugar de Quintáns, na parroquia de Noalla. Un familiar da muller ferida chamou ao 112 sobre as 11.00 horas para comunicar o ocorrido.
Tras recibir a alerta, o persoal da central de emerxencias informou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo.
A situación tamén foi posta en coñecemento do servizo municipal de Emerxencias e da Garda Civil.