O parque móbil municipal de Poio incorpora cinco novos vehículos
Por Redacción
O deputado de Cooperación da Deputación de Pontevedra, David Regades, visitou este xoves o concello de Poio acompañado polo seu alcalde, Luciano Sobral, e a deputada e tenente de alcalde, Chelo Besada, para coñecer de primeira man algúns dos investimentos máis importantes que afrontou a vila grazas aos máis de 1.660.000 euros achegados pola institución provincial durante 2016.
David Regades visitou a rúa Convento, na parroquia de San Xoán, onde cun investimento provincial próximo aos 82.000 euros se realizaron as obras de mellora do seu saneamento.
Ademais, Regades tamén asistiu á recepción de cinco vehículos que se incorporan ao parque móbil municipal.
Trátase dun camión lixeiro con caixa basculante e guindastre de 3.500 quilos, cunha axuda de 47.000 euros, e un furgón, un turismo máis dúas furgonetas que supuxeron unha axuda da institución provincial valorada en 65.000 euros, isto é, 112.000 euros en total.