Marín acollerá en xuño o seu primeiro 'hip hop weekend'
Por Redacción
Marín decidiu apostar pola cultura urbana. O municipio pontevedrés acollerá os próximos días 3 e 4 de xuño a primeira edición do Marín Hip Hop Weekend, un evento que busca reunir aos mellores especialistas desta disciplina.
O evento, ademais dos bailes propios desta modalidade deportiva, contará con talleres de hip hop impartido por expertos, talleres de coreografía e batallas (2vs2 hip hop, 1vs1 popping, 3vs3 allstyles e minibatalla 2vs2).
A organización estará a cargo de Miguel Abreu, director da Academia Pasos de Baile Deportivo, coa asesoría técnica de Diana Ballesteros.
O Concello espera que nesta primeira edición participen máis de 600 persoas.
As actividades celebraranse no Pavillón da Raña, pero non se descarta que algunha delas se traslade ao centro urbano de Marín para atraer a máis público.