Alumnos do Carlos Oroza amosarán en Pontevedra e O Grove a gastronomía dos camiños xacobeos
Por Redacción
Con novo fío condutor pero coa mesma filosofía. Así regresa o programa Degusta Europa, no que o alumnado dos dous centros de formación de hostalería máis importantes da provincia elaborarán tapas con produtos adquiridos esa mesma mañá en seis mercados municipais dos concellos da provincia.
No caso do ámbito de influencia da capital, os protagonistas serán os alumnos do Carlos Oroza, que prepararán os seus pratos o venres 5 no mercado de Pontevedra (de 11:00 a 12:00 horas), o xoves 11 no mercado do Grove (de 11:00 a 12:00 horas) e o xoves 12 no mercado de Soutomaior (de 12:00 a 13:00 horas).
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, explicou que a segunda edición desta iniciativa desenvolverase baixo a temática A gastronomía dos camiños, polo que os asistentes poderán degustar os produtos típicos dos camiños xacobeos que transcorren pola provincia de Pontevedra.
Con esta acción, resaltou Carmela Silva, "queremos potenciar os nosos produtos locais, elaborando tapas en directo con produtos que imos mercar ese mesmo día nos mercados nos que se realizan as degustacións", cuxos menús aínda non están pechados.
Os concellos escollidos son os de Baiona, O Grove, Pontevedra, Soutomaior, Tui e Vigo xa que "todos eles son puntos dos diferentes camiños da nosa provincia": o Camiño portugués tradicional, o Camiño portugués da costa, a Ruta do Mar de Arousa e o Río Ulla e a Ruta do Padre Sarmiento, sinalou a presidenta provincial.
Relacionadas:
-
Alumnado do Carlos Oroza leva á praza da Pedreira a súa 'cociña viaxeira'
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A campaña da Deputación do certificado de calidade turística Sicted acada un centenar de novas adhesións
Por Oskar Viéitez |
-
O mercado de Pontevedra "degusta Europa" da man do Carlos Oroza
Por Alejandro Espiño |
-
A Praza de Abastos de Bueu promociona os seus produtos ‘á europea’
Por Redacción |
-
Receitas gregas, italianas e inglesas pero cos produtos de casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Caldas de Reis, a primeira vila que 'Degusta Europa'
Por Redacción |