Tres feridos, un deles menor, nunha colisión múltiple en Poio
Por Redacción
A colisión entre tres turismos deixou este mércores tres feridos na estrada PO-308 ao seu paso pola avenida da Seca, en Poio. Unha das persoas lesionadas é menor de idade .
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente ocorreu no quilómetro 3,600 da PO-308 sobre as 9.30 horas.
Un particular pediu axuda ao 112 Galicia indicando que tres persoas precisaban asistencia sanitaria por mor dun choque múltiple que se acababa de producir na avenida da Seca.
Ao lugar do accidente desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, o Grupo de Emerxenxias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo, a Garda Civil e Protección Civil de Poio, así como a persoal do servizo de mantemento da estrada.