Os alumnos do Frei Martín Sarmiento reivindican a educación musical
Por Oskar Viéitez
A Praza da Peregrina en Pontevedra foi escenario dun animado concerto dos alumnos do Instituto Frei Martín Sarmiento demostrando o que fan nas aulas de música.
Baixo a convocatoria da Confederación de Asociacións de Educación Musical, en Pontevedra secundouse esta iniciativa coñecida como "Musiqueando", que pretende sensibilizar sobre a importancia da música nas nosas vidas e na educación.
Os profesionais da Educación Musical lanzan esta iniciativa para difundir á sociedade en xeral o que se fai nas aulas de música dos nosos colexios e institutos e así lograr unha maior sensibilización acerca da importancia da música nas nosas vidas e na educación.
En definitiva, para que todo o mundo poida ver, escoitar e gozar a música, en calquera rúa ou praza dos nosos pobos e cidades.
O Musiqueando 2017 - #nosimportalamúsica celebrouse de maneira simultánea en máis de 200 centros educativos de todo o país.