Ethel Vázquez di que a senda entre Soutullo e Major estará rematada antes do verán
Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou este venres o inicio das obras dun novo treito da senda peonil e ciclista que conectará A Lanzada e Portonovo, na estrada PO-308, concretamente o que une Soutullo e Major, que estará finalizado antes do verán de 2018.
Estes traballos, cun investimento de preto dun millón de euros, comezaron a semana pasada para dar continuidade ata a praia de Major ao itinerario que agora mesmo está en plena execución entre A Lanzada e Soutullo.
O novo treito irá ao longo de 1,2 quilómetros da estrada, construíndo sendas cun ancho mínimo de 2 metros, pola marxe esquerda, do lado do mar, cun itinerario mixto, para peóns e ciclistas, desde a glorieta que se está a executar en Soutullo ata a entrada do areal de Major, dando continuidade a xa iniciada desde A Lanzada; e pola dereita, unha senda peonil desde Soutullo ata pasar o circuíto de karts, para conectar os servizos e as vivendas e favorecer a mobilidade cara a este punto de ocio.
No marco deste proxecto, tamén se acondicionarán 121 prazas de aparcadoiro, 4 para persoas con mobilidade reducida, co obxectivo de evitar a situación que se produce na tempada do verán, cando os vehículos invaden beiravías ou as marxes da estrada para aparcar. Ademais, melloraranse as dúas interseccións existentes.
A conselleira lembrou que as obras do primeiro treito, entre A Lanzada e Soutullo, ao longo de 2,7 quilómetros e cun investimento de 3,3 millóns, avanzan a bo ritmo, xa que están executadas nun 60%.
En canto ao tramo que conectará Major e Portonovo, o proxecto está en fase de redacción, e prevese telo finalizado no verán, para iniciar a contratación das obras este mesmo ano para dar continuidade á senda, polo lado do mar, ata a entrada de Portonovo.
Relacionadas:
-
Sete empresas, interesadas en iluminar a senda entre Soutullo e Major
Por Redacción |
-
Entran en servicio 2,7 kilómetros de senda peatonal y ciclista entre A Lanzada y Portonovo
Por Redacción |
-
A conselleira aclara que as obras da senda peonil non afectarán ao Con do Cormorán
Por Oskar Viéitez |
-
A Plataforma Veciñal Sanxenxo pide a paralización das obras da senda peonil da Lanzada
Por Oskar Viéitez |
-
A senda peonil e ciclista entre A Lanzada e Soutullo, na estrada PO-308, estará lista no verán
Por Redacción |