Despréndense varias táboas da pasarela de Ponte Caldelas, segundo o PP "pola falta de mantemento"
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Ponte Caldelas denuncia a o desprendemento de varias táboas da pasarela do río Verdugo pola falta de mantemento por parte do Concello.
Os populares critican que nos case dous anos que leva Andrés Díaz de alcalde non se levou a cabo ningún mantenemento de esta infraestructura, "nin tan sequera un simple barnizado do piso para evitar escorregamentos". Esta situación xa foi denunciada polo Partido Popular no pasado mes de outubro.
"Agardamos que Andrés Díaz teña a vergoña suficiente para non botarlle a culpa o anterior goberno como fai sempre", afirmou Ricardo Castro, portavoz popular.
A pasarela peatonal sobre o río Verdugo é o resultado dunha obra levada a cabo no ano 2008 polo anterior goberno local, que supuxo una inversión de 300.000 euros e que permitiu unir o centro da vila coa área deportiva e de aparcamento de Chan da Barcia.
Co paso dos anos esta pasarela de madeira convertiuse nunha icona da vila sendo posiblemente coa ponte de pedra un dos seus monumentos máis fotografados.
"Esperamos que canto antes se repoñan os desperfectos e se leve a cabo un matemento integral tras dous anos de completo abandono por parte do goberno local", rematou Castro.