Unha modelo pontevedresa, protagonista da próxima campaña de Marineda City
Por Redacción
O centro comercial Marineda City está a preparar a súa próxima campaña publicitaria, inspirada nos valores que reflicten os seus propios visitantes, e para iso contará entre os protagonistas cunha modelo pontevedresa: Ana Fernández Argüeso, de 23 anos.
O perfil que buscan os publicistas é o de "unha parella romántica que acaba de independizarse e busca os seus primeiros mobles para decorar o seu fogar". Aí é onde lles encaixa a moza pontevedresa.
Esta campaña, deseñada pola axencia de publicidade Imaxe, conta coa produción fotográfica do estudo de Jacobo Gayo, xerente da produtora fotográfica de moda e publicidade GF Studio e nomeado aos premios Goya de fotografía en publicidade en 2007, 2011 e 2013.
Pola súa banda, o estilismo corre a cargo de Mónica Alvaredo, visual merchandiser e estilista de moda, acompañada da maquilladora profesional Nuria Riobo.