"Quincena das profesións" no escola infantil da Delegación da Xunta
Por Redacción
A escola infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra comezou este luns a desenvolver, durante quince días, unha nova actividade destinada a que os máis cativos poidan coñecer diferentes profesións.
Deste xeito, durante estes días as familias están a participar contando aos nenos a súa labor diaria en profesións coma profesor de ximnasia, médico, policía, avogado ou funcionario.
Esta mañá os 15 nenos de terceiro de Infantil desta escola puideron coñecer o labor dos bombeiros de Pontevedra que achegaron ata as instalacións da Delegación Territorial da Xunta dous vehículos e diverso material antiincendios.
Os máis pequenos familiarizáronse así co uniforme de bombeiro, a roupa especial contra o lume, as mangueiras e os cascos destes profesionais. Posteriormente subíronse aos vehículos e finalizaron a actividade gozando dun baño de espuma.
Nos próximos días tamén se achegarán ata as instalacións da Comisaría da Policía Autonómica situada na propia Delegación Territorial para coñecer os vehículos cos que traballan os axentes, así como o material que adoitan utilizar.