Corte de auga en Caldelas e A Quintán por obras de mantemento na rede
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas emitiu un bando informativo para advertir aos veciños dos lugares de Caldelas e A Quintán dun corte na subministración de auga potable durante o vindeiro xoves, 11 de maio.
Esta medida farase efectiva entre as 08.00 e as 13.00 horas, aproximadamente. A razón deste corte atópase na necesidade, segundo o goberno local, de acometer obras de mantemento na rede.
O Concello solicita a colaboración dos afectados para que os traballos poidan realizarse sen incidencias.