O porto e o campus de Pontevedra exploran vías de colaboración
Por Redacción
Juan Manuel Corbacho Valencia, vicerreitor do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo entrevistouse co presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, para explorar novas vías de colaboración entre ambas as institucións.
Actualmente, a autoridade portuaria ten subscrito un acordo marco de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas para alumnos.
O vicerreitor fixo un percorrido polo recinto portuario acompañado de Suárez Costa para coñecer de preto a realidade das empresas situadas no porto e as posibilidades de potenciar lazos entre a universidade e a empresa.
Nos últimos anos, a autoridade portuaria recibiu alumnos da Universidade de Vigo, tanto estudantes de grao e licenciaturas como de distintos máster para a realización de prácticas en diferentes disciplinas.
Tras a visita, Corbacho destacou a "acollida extraordinaria" que lles dispensou a autoridade portuaria na que foi unha "primeira toma de contacto para tratar de potenciar a colaboración". Neste sentido, o vicerreitor apuntou a disposición de Suárez Costa para colaborar co campus en actividades "como visitas guiadas ou accións formativas, tanto no campus como no propio porto".
Relacionadas:
-
O porto de Marín incorpora un novo remolcador para ampliar os seus servizos a buques
Por Redacción |
-
O porto de Marín busca afianzar relacións con Costa Rica
Por Redacción |
-
Empresas italianas amosan o seu interese no porto de Marín
Por Redacción |
-
Crece nun 13,6% os tráficos no porto de Marín durante o primeiro trimestre de 2017
Por Redacción |