Barro adxudica os seguros do Concello e o servizo de axuda no fogar
Por Redacción
O Concello de Barro vén de rematar o proceso de adxudicación de dúas licitacións que tiña pendentes: o novo contrato de seguros e o servizo de axuda no fogar.
O contrato de seguros do Concello inclúe as pólizas de responsabilidade civil, de patrimonio e da flota de vehículos.
Dúas empresas foron as que se presentaron ao concurso, adxudicándoselle o contrato a MGS Seguros y Reaseguros S.A., que presentou a oferta máis baixa por importe de 16.567,44 euros anuais.
É un 17% menos do que viña pagando o Concello. Ademais, ofreceu reducir as franquías e aumentar as coberturas e indemnizacións en caso de sinistro.
Con respecto ao contrato do servizo de axuda no fogar, presentáronse un total de sete ofertas.
A proposta da compañía pontevedresa Idades SL é a que resultou gañadora do concurso, ao presentar o prezo por hora global máis baixo e, polo tanto, ser a máis vantaxosa para o Concello.