Vilaboa rende homenaxe ao viño
Por Diego Torrado
Gran ambiente na sexta edición da Mostra do Viño de Vilaboa, que se inaugurou o sábado en Santa Cristina de Cobres e que conta cun amplo programa de actividades durente toda a fin de semana.
Moitos foron os que se achegaron a degustar as variedades de viño ofertadas pola Asociación de Viticultores de Vilaboa nas casetas instaladas para a ocasión.
Ademais do concurso de cata entre os viños participantes, os asistentes puideron gozar dun espectáculo familiar de teatro de monicreques ou de animación musical a cargo da Banda de Música de Vilaboa, Os Afoutes do Canón de Pau ou o concerto da artista local Sheila Patricia.
Todo eles completado con postos de artesanía, servizo de comidas e inchables para os máis pequenos co obxectivo de completar unha agradable xornada.
A VI Mostra do Viño de Vilaboa continúa este domingo coas casetas abertas ata as 22 horas, o pregón de Xabier Baixeras, a entrega de diplomas aos viños gañadores e de novo espectáculo infantil e animación musical.