En marcha a poxa de 437 armas na Comandancia
Por Redacción
A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra está a recibir esta semana a un bo número de cidadáns interesados en participar na próxima poxa de 437 armas, que xa están expostas e polas que se poden realizar as ofertas correspondentes nun sobre pechado.
A poxa comezou este luns e as armas estarán expostas ata este venres 2 de xuño. Xa o luns día 5 producirase a apertura dos sobres coas ofertas e a adxudicación, tal e como recollen as condicións da poxa publicadas no Boletín Oficial do Estado.
As armas que se poxan son, na súa práctica totalidade, requisadas en diferentes operacións policiais, ou entregadas voluntariamente por particulares.
En concreto, trátase de 379 escopetas, un rifle, 22 carabinas de tiro deportivo, 24 pistolas, 10 revólveres e unha arma de avancarga.