Protección Civil de Caldas cambia de número 21 anos despois
Por Redacción
Contactar con Protección Civil de Caldas a partir deste xoves 1 de xuño será diferente a como o foi durante os últimos 21 anos. Seguirá sendo igual de sinxelo e a atención será a mesma as 24 horas do día, pero xa non será a través do número de teléfono habitual, 609 55 65 49, senón no 986 19 19 58.
O xefe da agrupación de voluntarios, José Sieiro, explicou que o número de cabeceira de contacto deixa de estar en servizo para dar paso a unha cabeceira única de atención ao cidadán que lle permitirá a integración dentro de varios servizos municipais, como a central do concello.
Os recursos móbiles do servizo de Protección Civil incorporan todos tamén apoio telefónico e xeolocalización, como o apoio xestor das plataformas de whatsapp ou telegram.
Ao mesmo tempo, habilítase unha liña telefónica adicional de seguridade exclusiva para contactar co Centro Integrado de Emerxencias de Galicia 112 en caso de caída ou problemas da súa cabeceira principal. Todos os cambios comunicáronselle xa á Direccion Xeral de Emerxencias da Xunta, á Axencia Galega de Emerxencia e ao Centro Integrado de Emerxencias de Galicia 112.