Pontevedra conmemora, un ano máis, o Día da Muiñeira
Por Redacción & Mónica Patxot
Preto de 600 persoas, principalmente nenos e nenas de Pontevedra, participaron na tradicional celebración de Día da Muiñeira, cuxo acto central tivo lugar na avenida Montero Ríos.
Unha vintena de grupos de toda a provincia protagonizaron esta xornada de exaltación do baile tradicional galego, organizada pola asociación Duos Pontes e o Concello de Pontevedra.
Así, bailaríns de asociacións, colexios e grupos de Pontevedra celebraron unha exhibición de baile, interpretando diferentes pezas en función das súas idades.
O evento contou coa presenza do grupo Trébede do Morrazo como actuación estelar.
Media hora antes desta concentración, os grupos participantes protagonizaron un pasacalles desde a praza do Teucro, vestidos cos traxes tradicionais.