A Axencia Tributaria entrega os premios do seu concurso de redacción para estudantes
Por Oskar Viéitez
A Delegación da Axencia Tributaria de Pontevedra entregou este martes os premios ás mellores redaccións presentadas no marco do programa de educación cívico-tributaria.
Resultaron gañadores Noa Abad (CEIP Froebel), Edurne Fajardo (CEIP Ponte Sampaio) e María Paz-Andrade (CPR San José) na categoría de primaria e Ángela Sánchez e Cristina Lemos (IES Valle Inclán) e Diego Mirón (IES Sánchez Cantón) na categoría de secundaria.
O premio consistiu na entrega de diploma acreditativo, un pequeno obsequio e coñecer o funcionamento, características e equipamento dunha patrulleira do servizo de Vixilancia Aduaneira con base en Marín.
A Axencia Tributaria, do mesmo xeito que outros moitos países do mundo, vén desenvolvendo un programa que trata incluír á responsabilidade fiscal como uno máis dos valores para inculcar na formación de todo cidadán. O programa denomínase programa de educación cívico-tributaria e realízase desde 2005 aproximando aos cidadáns máis novos aos impostos como forma de financiamento dos servizos públicos e o papel da Axencia Tributaria neste proceso. Tamén se pon de manifesto a función de aplicación do sistema aduaneiro, función da Axencia Tributaria en moitas ocasións descoñecida.
No marco do programa desenvolvéronse visitas ás instalacións da delegación, charlas divulgativas e o recentemente fallado concurso de redacción.
No concurso de redacción participaron ao redor de 120 alumnos que maioritariamente nas redaccións entregadas mostran o seu interese en continuar gozando de servizos públicos (tema proposto a alumnos de primaria) e o seu rexeitamento a aqueles que non cumpren coas súas obrigacións fiscais (tema proposto para alumnos de secundaria).