Comeza a reforma da rúa Tristán de Montenegro, no centro histórico
Por Redacción
O Concello de Pontevedra inicia o luns as obras de reforma da rúas incluídas dentro dos fondos ARI concedidos para o centro histórico da cidade. Arrancará por Tristán de Montenegro a cargo da empresa Ediserpo.
Xunto a Tristán de Montenegro, tamén se reformarán as rúas Pratería Vella e Eirado de Albar Páez, perpendicular ás dúas anteriores. A rehabilitación das dúas primeiras, que se farán seguida unha da outra, ten un custe de 139.150 euros (o prezo de licitación era de 213.607 euros) e un prazo de execución de tres meses.
A reforma de Eirado de Albar Páez comezará nunhas dúas semanas e a empresa adxudicataria da obra é E.C.Casas.
A intervención en Tristán de Montenegro, ao igual que nas outras dúas rúas, pretende transformar un espazo público desaxeitado e obsoleto nunha zona para uso e gozo da veciñanza. Supón, polo tanto, a rexeneración dos espazos urbanos que deberá garantir en todos os casos, á accesibilidade de tódolos cidadáns.
Unha vez recibida a autorización pertinente de Patrimonio, púxose en marcha o proxecto que inclúe a renovación completa do pavimentación que consistirá na execución de bandas de pedra que confinen un chan realizado con pedra tipo chapacuña.
Ao que os servizos respecta, están previstas todas as melloras incluidas as redes soterradas de gas natural e fibra óptica que non existen na actualidade.
Relacionadas:
-
Dúas novas rúas do ámbito de Santa María súmanse á reforma urbana do centro histórico
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os ARI do centro histórico e de Estribela amplían prazos
Por Redacción |
-
Cinco empresas amosan o seu interese por reformar Pratería Vella e Tristán de Montenegro
Por Redacción |
-
Nesta semana avaliaranse as solicitudes de axuda para actuacións no ARI do casco histórico e Estribela
Por Redacción |
-
Valoran en case 214.000 euros a reforma das rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella
Por Redacción |