Propoñen rebautizar Fernández Ladreda como Avenida María Victoria Moreno
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/60f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5947f29cd4-20170619-patxot-pleno-concello-041.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/bc9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5947f2f339-20170619-patxot-pleno-concello-046.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/962/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/5947f3207a-20170619-patxot-pleno-concello-044.jpg)
© Mónica Patxot
Fernández Ladreda abandonará moi pronto o rueiro de Pontevedra. As súas relacións coa ditadura franquista -chegou a ser ministro de Obras Públicas- fai que este recoñecemento choque coa lei de memoria histórica. Por iso, a corporación aprobará proximamente unha nova denominación. O BNG propón rebautizala como Avenida María Victoria Moreno.
Así o anunciou o edil Luís Bará durante o pleno deste luns. Cumpriríase así, dixo, tanto a lei de memoria histórica como a intención do Concello de "feminizar" o rueiro pontevedrés, lembrando a mulleres que foron represaliadas e silenciadas pola historia ou que realizaron unha contribución destacada á vida social e cultural da cidade.
Non será o único cambio, advertiu, para avanzar neste obxectivo. Será, en todo caso, no seo dunha comisión municipal onde se propoñerán estas modificacións.
Esta foi a resposta a unha moción presentada por Marea, na que instaba o goberno municipal a cumprir a lei de memoria histórica, eliminando de forma definitiva calquera símbolo, homenaxe ou ensalzamento da ditadura de Franco en Pontevedra. Foi aprobada, aínda que o BNG negouse a crear unha comisión de expertos para analizar esta cuestión.
No pleno da corporación municipal, celebrado no Teatro Principal, tamén se aprobou por unanimidade a actualización do plan de emerxencia municipal, un traballo que xa comezaron a realizar os servizos de emerxencia do Concello -Bombeiros, Policía Local e Protección Civil- para poñer ao día o catálogo de recursos.
Outras tres mocións presentadas a este pleno tamén foron aprobadas, dúas elas ao unirse toda a oposición contra o goberno: a presentada por Cidadáns para que se redacte unha ordenanza para regular o novo estacionamento de autocaravanas e a que impulsaba o PP para realizar unha reforma integral da nave de maquinaria que o Concello ten no Vao.
O BNG opúxose a ambas as iniciativas ao entender que o parque de autocaravanas xa está regulado por unhas normas de uso e unha sinalización vertical e, con respecto á nave de maquinaria, porque xa presentou un proxecto para investir 207.000 euros en melloras.
A terceira destas mocións, presentada polo PP, acordou instar o Goberno central para que reforce os contactos diplomáticos con Venezuela para que os pensionistas galegos que traballaron no país poidan recuperar as súas prestacións, actualmente suspendidas. Marea abstívose, ao negarse o PP para ampliar a moción aos pensionistas doutros países.
Relacionadas:
-
As empresas que participen na misión comercial pagarán a súa viaxe e a súa estancia en México
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra renovará o convenio para usar a praza de touros durante a Feira Franca
Por Alejandro Espiño |
-
Os heroes españois dos atentados de Londres, recoñecidos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
María Victoria Moreno será a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Pontevedra propón que a avenida Fernández Ladreda pase a chamarse Manuel Portela Valladares
Por Redacción |