A gardería infantil de Tenorio contará con climatización para combater a calor
Por Redacción
O presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou este luns que se instalarán sistemas de climatización na escola infantil de Tenorio para que non se volvan a repetir episodios de altas temperaturas no centro, derivadas nos últimos días pola vaga de calor.
Esta subida excesiva chegou a exceder os 25 graos nas aulas, e a pesar de que anteriormente non se detectaron casos similares decidiron actuar.
Desta forma instalarase un novo sistema que manterá unha temperatura correcta e agradable nas catro aulas e tamén no comedor.
Despois do episodio de calor que se iniciou a pasada semana, un técnico do Concello analizou a situación no centro, optándose pola instalación dos sistemas de climatización.
"Cada vez o verán chega antes e ademais as temperauras son cada vez máis elevadas na nosa comunidade, polo que vaise facer preciso acometer a climatización de gran parte do complexo infantil", recoñeceu Cubela.
A adquisición dos equipos e a súa instalación serán custeados con fondos municipais.
Relacionadas:
-
Fin á calor abafante na escola infantil de Tenorio
Por Redacción |
-
A vaga de calor dispara a venda de ventiladores en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta non prevé a creación inmediata de máis prazas de gardería na comarca de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
A escola infantil de Tenorio segue crecendo
Por Redacción |