Os sindicatos sinalan un seguimento masivo da folga de transporte e a Xunta abre expedientes
Por Redacción
Os sindicatos CIG, CCOO e UXT calculan que o seguimento da segunda xornada consecutiva da folga de transporte é próximo ao cento por cento e esixiron á Xunta que convoque de maneira inmediata unha reunión conxunta entre os representantes dos traballadores, a patronal e a administración autonómica.
Pola súa banda a Xunta decidiu abrir expediente informativo, que pode derivar en sancións, ás empresas de autobús por incumprimento "flagrante" dos servizos mínimos establecidos para a folga deste martes e mércores, que continuará as próximas semanas, de maneira indefinida, ata que haxa unha solución ao conflito.
Os conselleiros de Infraestruturas e Educación, Ethel Vázquez e Román Rodríguez, anunciaron esta medida tras analizar o impacto dos paros.
Segundo os datos facilitados pola administración autonómica, o incumprimento dos mínimos nos traxectos escolares alcanzou o 86% en Pontevedra, deixando sen servizo a 25.649 nenos.
Relacionadas:
-
Volta á normalidade no transporte de autobuses co conflito aínda latente
Por Oskar Viéitez |
-
Os piquetes fanse notar na cuarta xornada de paro no transporte
Por Oskar Viéitez |
-
Empezan dúas novas xornadas de folga de autobuses "con todo parado"
Por Oskar Viéitez |
-
Comeza a folga do sector do transporte
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada