A Lama e a Fundación Amigos de Galicia renovaron a colaboración que permite axudar ás familias do municipio
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, e o director xeral da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, renovaron este martes o convenio de colaboración que atende ás familias do Concello denominado "Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social".
A través deste plan, a Fundación Amigos de Galicia atende ás familias do municipio que teñen graves carencias económicas e cobre as súas necesidades básicas coa repartición de alimentos, roupa, xoguetes para os nenos, etc.
Cada mes, estas familias reciben un paquete con produtos básicos de primeira necesidade e produtos frescos como iogures, verduras ou froitas, entre outros.
Durante a renovación do convenio, o alcalde, Jorge Canda Martínez, destacou que "o servizo que presta a Fundación Amigos de Galicia é moi bo e as persoas que están a recibir a axuda da entidade no municipio están moi contentas".