Unha persoa ferida ao saír da vía o seu coche e quedar atrapada dentro en Meaño
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida á primeira hora da mañá deste mércores nun accidente de tráfico en Meaño. Por causas que aínda se descoñecen, o vehículo no que viaxaba saíu da vía.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente ocorreu no punto quilométrico 8 da PO-550, á altura de Dena ao redor das 7.30 horas.
Un particular alertou ao 112 Galicia para pedir axuda alertando de que un coche saíuse da vía e unha persoa estaba atrapada no seu interior. Unha vez no punto, os membros do parque comarca de bombeiros indicaron que tras abrir unha das portas do turismo, a persoa puido ser evacuada polo persoal sanitario.
Desde o 112 alertouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Salnés e aos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo. Tamén se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e do persoal do servizo de mantemento da estrada.