Pacientes de Psiquiatría deseñan coloridos abanicos con fins solidarios
Por Redacción
Centos de coloridos abanicos creados por pacientes do hospital de día da área de Psiquiatría do Hospital Provincial forman parte da campaña 'Dáte un aire solidario'.
Con esta actividade, preténdese dar visibilidade ao feito de que a recuperación dos pacientes de Psiquiatría non só debe facerse a través dos coñecementos e a práctica dos facultativos e do persoal de enfermería, senón que a dedicación e a entrega tamén xogan un papel fundamental.
Os abanicos poden adquirirse no Hospital Provincial realizando un donativo solidario dun euro.
Esta campaña é a continuación da iniciativa 'Psiquiatría con ilusión', posta en marcha o pasado nadal e na que pacientes e profesionais confeccionaron a man máis de 300 chaveiros.
Agora, repiten experiencia adaptando as manualidades á época estival dado o éxito que tivo a iniciativa anterior.